Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral

24 de maio de 2017

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS QUE SE ACOLLAN Á REDUCIÓN DA SÚA XORNADA DE TRABALLO.

Por Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade establécense as bases que regulan as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. (FSE) con cargo ao Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

Persoas beneficiarias:

-Persoas traballadoras, homes ou familias monoparentais (homes ou mulleres) que, entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de 3 anos ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.

-Estar empadroado en Galicia, polo menos un ano antes do inicio do período subvencionable

-Convivir coa filla ou fillo

-De ser o caso, a cónxuxe ou parella debe estar traballando

-Ter uns ingresos non superiores 5,5 veces o IPREM, segundo declaración do IRPF do último período vencido (2015).

Importe:

-A contía das axudas establécese en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, e en atención ao número de fillas e fillos menores de 12 anos, nun abano que vai desde 1.700 € e ata 3.700 €.

Cando a xornada se realice a tempo parcial ou cando o período subvencionable sexa inferior ao máximo (8 meses), as contías das axudas reduciranse proporcionalmente.

Prazo presentación de solicitudes

Será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia  (19 de maio do 2017).

Para máis información poñerse en contacto co CIM de Boqueixón directamente ou ben no teléfono 981 513061 (Iolanda/Cristina)

Compartir
WhatsApp Facebook Correo