Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Premio Concepción Arenal 2017 – Proxectos educativos pola igualdade de xénero

18 de outubro de 2017

2017_0321_Cartel C. Arenal 2017_Web-1_01A Deputacion da Coruña, no marco das actividades con motivo da conmemoración do 25 de novembro do 2017 ” Día contra a violencia de xénero ” convoca os seguintes premios:

Premio Concepción Arenal 2017: proxectos educativos pola igualdade de xénero

Obxecto: deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construcción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a iguladade de oportunidades real entre sexos.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia nas seguintes modalidades:

  1. A) Proxectos educativos en educación infantil
  1. B) Proxectos educativos en educación primaria
  1. C) Proxectos educativos en educación secundaria

Premiarase o programa de activides de centro no que se traballe a prol da consecución da igualdades entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporado de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía a autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

Premio : Convócase un premio en metálico de  5000 € por cada modalidade.

Prazo: 14 novembro de 2017.

Para mais información, premer no enlace http://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios/concepcion-arenal-proxectos-educativos-igualdade-xenero/2017/bases/ ou ben solicitar información no CIM  do Concello de Boqueixón

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo