Charla sobre a vespa velutina e obradoiro de elaboración de trampas

O Concello de Boqueixón organiza unha charla sobre a vespa velutina, que terá lugar o xoves 22 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa do Concello. Ademais dunha sesión informativa sobre os danos que está a producir esta especie invasora, en especial sobre as nosas abellas, ensinarase ás persoas que asistan a elaborar trampas con vistas a capturar o maior número de raíñas posible e evitar a formación de novos niños. Máis información e inscricións no teléfono 981 513 115.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025