Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Escudo do Concello de Boqueixón

INFORMACIÓN PEREGRINOS​

Forte s/n

15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)

Telfs: 981 513 061 – 981 513 052

Fax: 981 513 000

Peregrinos

Distancias, visitas, aloxamento para grupos e información útil no Camiño.

Os camiños

Vía da Prata e Camiño de Inverno.

Tramo do Camiño por Boqueixón
5.500 m.
Tramo do Camiño por Santiago
9.200 m.
Tramo de Boqueixón á Catedral de Santiago de Compostela
14.700 m.
Historia dos camiños

Camiño da Vía da Prata é unha prolongación da calzada romana que unía Emérita Augusta (Mérida) con Astúrica Augusta (Astorga).

A vía trazouse a comenzos do cristianismo aproveitando os camiños máis antigos. Entra en Galicia por A Mezquita, e ven sendo o camiño xacobeo de maior percorrido.

O termo “vía da prata” procede da palabra árabe “Bal’hatla” palabra coa que os musulmáns designan aquela ampla vía pública empedrada e de sólido trazado pola que se encamiñan ó Norte Cristián. Pero este vial sí se chegou a empregar para o comercio da prata americana chegada dos peiraos de Sevilla. Por esta ruta avanzou Almanzor ca súa infantería contra Santiago no 997.

Séculos máis tarde é o camiño que fixeron as campás da catedral que se levaron durante a reconquista.

A Vía da Prata e o Camiño de Inverno conflúen en Lalín, Bendoiro. Este Camiño de Inverno é a entrada a Galicia dende a Meseta, é a alternativa á dura subida ós cumios nevados do Cebreiro.

A súa orixe remóntase á época romana partindo das explotacións de ouro das Médulas. Por aquí tamén entraron as tropas de Napoleón e coincide co trazado do ferrocarril que comunica co resto da Península.

Visitas guiadas

No tramo da Vía da Prata e do Camiño de Inverno ó seu paso por Boqueixón, poden realizar, mediante reserva previa, as seguintes visitas turísticas guiadas gratuítas:

Pico Sacro · Lestedo

tamén denominado “Miradoiro de Compostela” posto que é o primeiro lugar desde onde se poden divisar as torres da Catedral compostelá. É un dos picos máis emblemáticos e coñecidos de Galicia. Patrimonio natural, histórico e cultural sobre o que se relatan innumerables lendas e en especial a da Raíña Lupa e o traslado do corpo do Apóstolo (lenda recollida no Códice Calixtino).

Centro do Pico Sacro · Lestedo

A escasos metros do pavillón e da Vía da Prata sitúase o Centro de Interpretación do Pico Sacro. Nel recóllense todos os datos dos que dispoñemos sobre a orixe, formación, lendas, importancia cultural, referencias escritas, etc, do Pico Sacro. Conta con dúas exposicións: “Nos dominios da Raíña Lupa” e “O Pico Sacro no Códice Calixtino”.

Onde durmir

En Boqueixón hai a posibilidade de pernoita no Pavillón Polideportivo de Lestedo, no que se permite aloxarse a grupos de peregrinos mediante reserva previa.

  • Grupos cun mínimo de 10 persoas.
  • Formalizar a solicitude de reserva de instalacións (impreso oficial na sede electrónica en www.boqueixon.gal ).
  • Custo de 3€/ persoa/ noite (ordenanza reguladora municipal).
  • As instalacións do pavillón contan con aparcadoiro, auga quente, duchas, vestiarios, luz, toma de auga exterior e proximidade cos servizos (bares, restaurantes, farmacias, etc) que ofrece Lestedo.

Turismo e reservas

Departamento de Formación, Emprego e Turismo

Contacto para visitas guiadas e solicitudes de pernoita no pavillón.

Consulta con Turismo a dispoñibilidade e as condicións antes de organizar a visita ou a pernoita.

Teléfonos útiles

Emerxencias
112
Emerxencias médicas
061
Avisos de incendios forestais
085
Garda Civil de Lestedo
981 50 30 51
Protección Civil de Boqueixón
616 440 465
Centro de Saúde de Forte
981 513 010
Centro de Saúde de Lestedo
981 50 22 97
Concello de Boqueixón
981 513 061

Folletos turísticos

Tres folletos dispoñibles en galego, castelán e inglés. Cada ligazón abre o PDF noutra pestana.