O Concello de Boqueixón porá en marcha o servizo de ‘Madrugadores’ para o vindeiro curso

O Concello de Boqueixón vén de abrir o prazo para a solicitude do servizo Madrugadores para o vindeiro curso escolar. Trátase dun programa que busca facilitar a conciliación. Para a súa posta en marcha é preciso contar cun grupo mínimo de participantes.

Este programa diríxese ás familias do alumnado de Educación Infantil e Primaria do Concello de Boqueixón. O lugar onde se realizarán as actividades será o CPI Antonio Orza Couto. O custo e o horario concretanse segundo o grupo obtido a través das solicitudes.

As familias que desexen acollerse a este servizo deberán cubrir ficha, que se pode descargar aquí. Máis información, no Departamento de Educación (981 513 115).

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025