Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego · Bandos e avisos

Nomeamento da comisión seleccionadora e datas da realización do proceso selectivo para o Programa APROL Rural para 2 postos de traballadores forestais (peóns)

16 de xuño de 2018

O Concello de Boqueixón vén de facer público o nomeamento da comisión seleccionadora e datas para a realización do proceso selectivo do Programa APROL Rural. Na resolución adxunta (á que se pode acceder directamente premendo aquí), pódense consultar os nomes dos/das candidatos/as remitidos pola Oficina Pública de Emprego de Galicia. As probas realizaranse para seleccionar ás persoas axeitadas para cubrir os 2 postos de traballadores forestais (peóns).

Dende a Oficina Pública de Emprego de Santiago Norte remitiuse unha carta os/as candidatos/as preseleccionados/as para que se presenten no concello para a realización da proba escrita e práctica e presentar a documentación necesaria para participar no proceso selectivo, e así mesmo facilitar o listado co e-mail e cos números de teléfono dos candidatos/as para que o concello contacte cos/as candidatos/as para informarlle do proceso de selección, lugar e datas de presentación das/as candidatos/as.

As datas son as seguintes e pódense consultar no decreto de alcaldía adxunto:

Para realizar a proba escrita:
Data: 21 de xuño de 2018
Hora: 10:00 horas
Lugar: Casa do Concello de Boqueixón, lugar de O Forte s/n, 15881 Boqueixón (A Coruña)

Para realizar a proba práctica:
Data: 21 de xuño de 2018
Hora: 11:00 horas
Lugar: Casa do Concello de Boqueixón, lugar de O Forte s/n, 15881 Boqueixón (A Coruña)

Compartir
WhatsApp Facebook Correo