Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
  • Publicada o 23 junio 2018

Santiago xa ‘custodia’ o Lume Sagrado do Pico Sacro para acender as cacharelas de San Xoán

OfrendaLumeSagradoBoqueixon

Compostela custodia o Lume Sagrado do Pico Sacro e que servirá para que a veciñanza poida acender as súas cacharelas de San Xoán. A entrega destas chamas realizouse onte na Praza de Mazarelos da man da Raíña Alda –a máis fermosa- e do Druída das tribus celtas de Boqueixón e Callobre, a través da Ofrenda do Lume Sagrado.

Arredor de 40 persoas participaron nesta representación coa que se recreou o antigo rito celta co que se celebraba a chegada do Solsticio de Verán. O percorrido que deu comezo na Carballeira de Santa Susana ás dez da noite.

OfrendaLumeSagradoBoqueixon03

Coa luz do atardecer, e coa expectación de veciñanza e visitantes que non cesaron de tomar fotografías, o vistoso desfile do Lume Sagrado do Pico Sacro iniciou o camiño cara ó casco histórico. Os fachos transportados polos participantes neste percorrido iluminaron as rúas da zona vella compostelá en medio de grande expectación. O desfile, liderado pola Raíña Alda e polo Druída, pasou por Porta Faxeira, as Rúas do Vilar, Xelmírez e da Conga para despois continuar pola Praza de Feixóo.

Neste punto, a comitiva coincidiu coa celebración dun concerto en vivo que contaba con gran número de asistentes. Facéndose paso entre o público foron aplaudidos polo numeroso público que alí se congregou.

OfrendaLumeSagradoBoqueixon06

Tras cruzaren a Rúa Preguntoiro, Cinco Rúas e a Praza da Universidade, as tribus celtas de Boqueixón e Callobre concluíron o seu desfile na Praza de Mazarelos. Máis dun cento de persoas acompañou á Raíña Alda no acendido da candea co Lume Sagrado do Pico Sacro.

Finalmente, os participantes no desfile foron recibidos tanto pola concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, coma polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro; polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín.

OfrendaLumeSagradoBoqueixon01

O Lume Sagrado está tamén gardado na Capela de San Sebastián, no Pico Sacro. Ata o cumio do Monte Sagrado acudirán esta tarde os veciños e veciñas de Boqueixón para acender os seus fachos con este lume creado directamente da forza do Astro Rei para despois utilizalo para as súas cacharelas de San Xoán.

Programa Un mes e Pico

A Ofrenda do Lume Sagrado está incluída dentro do programa Un mes e Pico. Ciclo da Mitoloxía e Sacralidade do Pico Sacro. A iniciativa desenvolvida polo Concello de Boqueixón contou coa colaboración do Concello de Santiago e mais da Asociación da Fervenza do Castro de Callobre.

As actividades deste ciclo concluirán o próximo 29 de xuño coa conferencia de Xosé Manuel Lobato, baixo o título De mouros, oestrinios, romanos e outros. A charla comezará ás 20.00 horas na Capela de San Sebastián. Sofía Silva Carbajales porá o broche de ouro a oito semanas cheas de propostas culturais en torno ao Monte Sagrado de Boqueixón.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}