Coñece a actividade do Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón

A piques de conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25N), publícase este díptico no que se informa sobre todos os servicios e actividades que se desenvolve o Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón. Trátase dun servizo que tamén incorpora á veciñanza dos municipios veciños de Touro e Vedra, polo que as sés do CIM se atopan nas tres casas consistoriais.

DipticoCIMBoqueixon01

O CIM é un servizo gratuíto, permanente, especializado e confidencial que atende de xeito integral ás mulleres e que ten como finalidade ofrecerlle os recursos personais e sociais necesarios para a súa incorporación nos diferentes ámbitos de vida: familiar, social, laboral… en igualdade.

DipticoCIMBoqueixon02

Nos casos de violencia de xénero, ofrécese un servizo gratuíto de asesoramento. Dende o CIM, axudan a detectar os casos, informar sobre os recursos existentes e ofrecen asesoramento xurídico e atención psicolóxica, activando os procedementos necesarios para a protección das mulleres, de xeito coordinado cos demais servizos implicados neste ámbito.

Así, os servizos que se prestan dende o CIM son os seguintes:

  • Área xurídica: atención e asesoramento en dereito de familia (separacións, divorcios, custodia dos menores, pensións…); en dereito civil (herdanzas, vivendas…); en dereito penal (abandono, impago de pensións…); en dereito administrativo (recursos, reclamacións…); xustiza gratuíta (solicitude, problemas cos/cas letrados/as…).
  • Área psicolóxica: atención, orientación, seguemento ante problemas de índole psicolóxica tales como a ansiedade, depresión, baixa autoestima, problemas de parella, cos menores, dificultades de integración social e atención nos casos de malos tratos.
  • Información sobre recursos dispoñibles no ámbito territorial e actuación: orientación formativa e laboral, recursos dispoñibles encamiñados á consecución da igualdade, información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades ás mulleres que o demanden.

O díptico completo pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025