Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 21 diciembre 2018

A VII Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’ e do VI Certame de Fotografía ‘Boqueixón en imaxes’ entregan os seus galardóns

ganadoresconcursosboqueixon

O Salón de Plenos vén de acoller a entrega dos galardóns da VII Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’ e do VI Certame de Fotografía ‘Boqueixón en imaxes’. O acto estivo presidido polo alcalde, Manuel Fernández Munín, que estivo tamén acompañado polo presiente do Consello do Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, José Antonio Feijoo.

Na súa intervención, o alcalde salientou a importancia de desenvolver iniciativas participativas como estas, xa que “ademais de dinamizar o territorio, tamén serven para a súa posta en valor. No caso do Certame de Fotografía, do noso patrimonio natural e cultural, e no caso da Ruta das Tapas, do bo facer dos nosos profesionais da hostalería”. Neste senso, animou a profesionais e veciñanza a seguir participando neste tipo de propostas.

En primeiro lugar, entregáronse os premios do VI Certame de Fotografía ‘Imaxes de Boqueixón’. Nesta edición recibíronse un total de 85 propostas, unha cita que bateu todos os récords de participación precedentes.

premiosfotografiaboqueixon

Manuel Fernández Munín aproveitou a ocasión para realizar a presentación do tradicional calendario co que o Concello de Boqueixón agasalla á veciñanza por Nadal. “Está composto polas 12 imaxes finalistas deste concurso”, asegurou.

As persoas gañadoras foron as seguintes:

  • Primeiro Premio: Isaac Pérez Vázquez, pola fotografía titulada Solpor entre néboas, quen recibiu un vale agasallo por valor de 200 €, diploma acreditativo e o calendario do ano 2019.
  • Segundo Premio: Alejandro Nieto pola imaxe titulada Raios crepusculares, a quen se lle entregou un vale agasallo por valor de 100 €, diploma acreditativo e o calendario do 2019.
  • Terceiro Premio: Fernando Lueiro Balado, pola instantánea titulada Atardecendo coa raíña, que recibiu un vale agasallo por valor de 75 €, diploma acreditativo e o calendario do ano 2019.

Seguidamente, entregáronse os premios e diplomas da VII Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’, no que participaron tanto o alcalde como o presidente do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que colaborou no desenvolvemento desta sétima edición do certame. Repartíronse un total de sete galardóns (catro para a hostalería boqueixanesa e tres para o público):

ganadoresrutatapasboqueixon

Premios da hostalería

  • 1º Premio ‘A mellor tapa de Boqueixón 2018’: Bao na cunca do establecemento Casa de Xantar Casa Castro, que recibiu diploma acreditativo e un lote 5 de destilados galegos con selo de calidade e orixe.
  • 2º Premio ‘A mellor tapa de Boqueixón 2018’: Nove reinos, do establecemento Cervexería O Vikingo, que recibiu diploma acreditativo e un lote de 3 Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
  • 3º Premio ‘A mellor tapa de Boqueixón 2018’: Xarrete ó mencía con tempura de verduras á augardente, do establecemento Bar Restaurante O Imprevisto, que recibiu diploma acreditativo e un pack de dous Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
  • 3º Premio ‘A mellor tapa de Boqueixón 2018’: Mar e terra-Pescadilla á crema do establecemento Bar A Barreira, que recibiu diploma acreditativo e un pack de dous destilados galegos con selo de calidade e orixe.

Premios da clientela:

  • Premio de botellas cortesía dos hostaleiros de Boqueixón e un lote de produtos do Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia para Alejandro Bermúdez Devesa. O concelleiro decidíu reconvertir o seu agasallo nun lote de produtos para entregar a unha institución de caridade. Neste caso, a hostalaría fixo entrega dun pack de produtos e dende o Consello Regulador entregaron un Queixo Tetilla e un bote de Mel de Galicia, ambos produtos con indicativo de calidade.
  • Premio en metálico de 120 €, aportados polos hostaleiros de Boqueixón, e un lote de destilados galegos con IXP, para Manolo Ferreiro Campos
  • Premio dun vale agasallo por valor de 120 €, aportación do Concello de Boqueixón, para canxear por unha comida ou cea nalgún dos establecementos hostaleiros participantes e un lote de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que se entegou a María Jesús García Castro.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}