Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 9 febrero 2019

O Concello de Boqueixón, co apoio de Sogama, estende o seu programa de compostaxe doméstica a 50 novas vivendas

O Concello de Boqueixón, co apoio de Sogama, reforza o seu programa de compostaxe caseira coa recepción de 50 novos composteiros. Os contedores repartiranse entre a veciñanza que os solicite, polo que, en total, serán 80 os fogares boqueixaneses os que participen nesta iniciativa, toda vez que na primeira fase deste programa se entregaron 30 recipientes ao Concello en anos atrás. Requisito indispensable é que as vivendas sexan unifamiliares e que dispoñan de terreo (xardín ou horto) no que aplicar o compost resultante, pechando desta forma o círculo de aproveitamento da materia orgánica, que regresa ao chan en forma de nutrientes.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, anima á veciñanza “a sumarse a esta nova iniciativa coa que pretendemos reducir a cantidade de basura que remata nos contedores. Con este sistema, ademais, contribuímos a coidar o noso medio ambiente”. Para obter os composteiros, todas as persoas interesadas deberán solicitalos ao Concello. Poderano facer ata o próximo 11 de marzo enviando un correo electrónico a concello@boqueixon.gal ou ben chamando por teléfono ao 981 513 061.

Beneficios

A  autocompostaxe constitúe unha práctica con importantes beneficios, tanto ambientais como económicos e sociais. Desde a perspectiva ambiental porque, dado que os restos orgánicos representan, na composición media dunha bolsa de lixo tipo, ao redor do 42%, se se evita o seu depósito nos contedores verdes convencionais, propíciase unha redución da frecuencia de recollida e transporte por parte dos servizos municipais e, por tanto, das emisións de CO2 á atmosfera.

Desde a económica, porque, se o concello entrega menos residuos a Sogama, vese diminuído o importe da factura para pagar a esta empresa pública.

E, desde a social, porque se recupera unha tradición arraigada no rural galego como é a segregación da materia orgánica para alimento do gando e/ou elaboración de compost.

Formación

Sogama xa entregou ao Concello de Boqueixón os 50 novos composteiros, de 350 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables. A fin de que as persoas usuarias coñezan con máis precisión a técnica, educadores especializados ao servizo desta empresa pública serán os encargados de impartir un curso de formación presencial no que se explicará a dinámica a seguir: desde a propia localización do recipiente ata a relación de materiais que deben e non deben ser depositados no mesmo e o control de parámetros tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade. O obxectivo último é que os participantes poidan obter un abono natural de calidade e apto para ser aplicado con garantías, e sen restricións, na agricultura.

Así mesmo, recibirán un manual didáctico de apoio no que se describen os pasos para seguir á hora de utilizar o composteiro, clarificando as dúbidas máis comúns e liquidando as incidencias máis frecuentes.

Ademais, Sogama dispón dun sitio web específico www.compostaconsogama.gal, no que os interesados poden acceder a toda a información sobre este programa e recursos de apoio (vídeos e xogos).

A día de hoxe, a  Sociedade  Galega  do Medio Ambiente xa repartiu máis de 9.700 composteiros entre 294 entidades de toda Galicia (concellos, centros educativos e colectivos sociais).

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}