Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 4 febrero 2013

Presentación da XXX Festa da Filloa de Lestedo

presentacion1

XXX FESTA DA FILLOA – FESTA DE GALICIA DE INTERESE TURÍSTICO

A Festa da Filloa de Lestedo celebra os vindeiros 16 e 17 de febreiro a súa trixésima edición.

Despois de 29 anos e sendo recoñecida en 2008 Festa de Galicia de Interese Turístico, converteuse nunha das Festas gastronómicas mais consolidadas de Galicia; pero a Festa da Filloa non é solo unha festa gastronómica, é a prolongación e o peche do tradicional Entroido da Ulla.

Nesta trixésima edición, e co ánimo de seguir mellorando e consolidando esta homenaxe a un dos pratos de Galicia por excelencia, preséntanse varias novidades con respecto a anos anteriores.

A comisión organizadora creou unha páxina web para difundir tódolos aspectos importantes da festa, programa, colaboradores, mapas, fotos, vídeos, e canta información sexa de interese. A páxina web pódese ver en www.festadafilloa.com

Tamén é a intención da comisión organizadora ampliar as datas de celebración da festa, e por primeira vez este ano, vai haber unha serie de actividades o sábado día 16. A intención é que a curto ou medio prazo esta festa se converta nunha fin de semana de festa.

Antes do sábado día 16, e en colaboración Concello de Boqueixón, vaise celebrar a ruta de tapas «VAI DE FILLOA». Dende o dia 8 ata o 16, 15 establecementos de Boqueixón, van ofrecer tapas de filloas, ou tapas cuio ingrediente principal sexa a filloa. A información desta ruta esta na propia web da filloa e na web do Concello lab.mcapps.es

En canto ó programa da Festa propiamente dito, o sábado 16 a partir das 11:30 h da mañán celebrase a I CARREIRA DA FILLOA, en colaboración da empresa www.39segundos.com, en dúas modalidades ADULTOS: 8,5 km e ESCOLARES 2,5 km. Esta carreira partirá do campo de fútbol de Lestedo e discorrerá pola Vía da Prata ata San Pedro de Vilanova, para rematar de novo no campo de fútbol.  A información está na web da Filloa ou na paxina www.39segundos.com

A partir das 19:00 h, celebrarase o Obradoiro VEN A FACER FILLOAS. A esa hora van a estar dúas máquinas filloeiras funcionando e quentando motores para a xornada do domingo, e os que se acheguen a Lestedo van a ter posibilidade de comprobar de primeira man e con moita mais facilidade que o domingo como funcionan estes artiluxios «inventados» por Orlando Vázquez, que son capaces de facer, sen variar o máis mínimo a receita tradicional, facer mais de 1.500 filloas por hora. Tamén se vai a celebrar un «show cooking», para todos aqueles interesados que desexen aprender a facer filloas, e sobre todo os recheos da filloa, para o que imos a contar coa colaboración da empresa “Hello Cooking” de Santiago. Sobre as 21:00 actuará o grupo folk, O GHUSTO DO BOI.

O domingo dia 17, dende a primeira hora da mañán funcionarán dúas máquinas filloeiras, que farán non só filloas, a razón de 1.500 por hora, senón tamén outro tipo de pratos para acompañar as filloas, como son chourizos, beicon, etc.

Antes de expoñer o programa completo do domingo, vamos a falar brevemente do cartel. Como se pode observar aparece en primeiro lugar o Pico Sacro, qué o símbolo de Lestedo e de Boqueixón, unha montaña máxica e mítica coñecida moito máis alá das terras do Ulla; sobre o Pico Sacro aparece un sol ou unha lúa, que é unha filloa, a protagonista da festa, redonda, típica dos filloeiros da zona da Ulla; dende a cima do Pico Sacro, baixa un camiño, ou carreiro de filloas, aquí representado por unha sección dunha das máquinas filloeiras; este camiño ven dende a cima do Pico ata Lestedo; Filloa 2.13 fai referencia ó ano de celebración 2013, pero tamén á altura do pregoeiro, 2,13 metros.

 A partir das 13:00 horas haberá un desfille dos Peliqueiros de Laza, que volven a Lestedo, co que se pretende tamén facer unha homenaxe o Entroido máis coñecido de Galicia, Xinzo – Verín – Laza, como se fixera en 2011. Os peliqueiros farán a súa entrada no campo da Festa sobre as 13:30 horas.

A continuación, e baixo a presentación da actriz María Mera procederase a ler o pregón da Festa. María Mera, actriz e presentadora, ten as súas orixes en Boqueixón, e actualmente é veciña de Lestedo, polo que nadie mellor que ela, para dirixir estes actos na Festa.

Sobre as 13:45 horas contaremos co pregoeiro máis grande da historia da Festa da Filloa, Fernando Romay, 213 centímetros. Fernando Romay, aínda que nacido nacidade da Coruña, tén unha forte vinculación con Lestedo, xa que a súa familia materna é de Lestedo, e son moitos os veciños, que o recordan cando de pequeno viña a pasar o veráns a Lestedo. Neste acto imporanse como ven sendo costume, os mandís ó pregoeiro e a algún outro destacado persoeiro que contribúe co seu traballo para que esta festa sexa un éxito.

A continuación, teremos sesión vermouth, e antes e despois do pregón, é decir durante todo o día, as actuacións dos grupos, TNT, OS KE HAI, O RECOBIO e A REQUINTA DE XIAN.

As 16:30 horas haberá un novo desfile dos peliqueiros de Laza, para a continuación dar paso ós famosos Altos dos Xenerais do Ulla. Como novidade de nesta trixésima edición da festa, imos a contar con xenerais da parroquias de Lestedo, Sergude, Oza e Vilanova, dos Concellos de Boqueixón, Vedra e Teo. O Xeneral é unha figura que se remonta á época da ocupación francesa, militar vestido con chaqueta adornada, tricornio ou sombreiro con plumaxe, montado a cabalo, que tamén vai adornado. Tradicionalmente o atranque é unha batalla dialéctica entre dous xenerais, de dúas parroquias distintas, que se retan entre sí; é por esto que desde a Festa da Filloa se intenta recuperar esta tradición e imos a ter atranques entre xenerais de distintas parroquias do Ulla. Serán 12 xenerais os que mediante estrofas rimadas, e con un alto grado de sorna, ironía e bo humor, falarán de política, deporte, temas de actualidade xeral, así como temas de actualidade local.

As 18:30 horas, para rematar a festa contaremos coas orquestras NUEVA GENERACION e JERUSALÉN, que amenizarán unha verbena que chegará ata as 10 da noite.

Para resumir e rematar, despois de 30 anos de existencia, a Festa da Filloa pretende ser unha pequena prolongación do Entroido da Ulla, cos seus xenerais e correos; a exaltación do prato e do postre galego por excelencia, acompañado de rixóns, beicon, chourizos, nata, crema, e outros añadidos que enriquecen a filloa; todo elo nun recinto que estará cuberto por unha gran carpa na súa totalidade para que todos os que veñan a Lestedo poidan disfrutar da filloa, do bo comer o bo beber, da música e do folclore; pero a Filloa aínda vai máis alá, a filloa reúne a máis de 120 veciños de Lestedo, que desinteresadamente, ano tras ano, traballan para que esta festa chegase a ser o que é hoxe en dia, podemos decir con orgullo, que é un motivo de unión para as xentes de Lestedo.

 

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}