Responsable do tratamento
| Responsable | Concello de Boqueixón · NIF P1501200H |
|---|---|
| Enderezo | Forte, s/n · 15881 Boqueixón (A Coruña) |
| Contacto | 981 513 061 · correo@boqueixon.es |
| Delegado/a de protección de datos | Concello de Boqueixón (correo@boqueixon.es) |
Que datos tratamos e para que
A simple navegación polo sitio web non require facilitar datos persoais. Só se tratan datos cando a persoa usuaria os envía nalgún dos servizos seguintes:| Servizo | Datos | Finalidade |
|---|---|---|
| Enviar incidencia | Tipo e descrición da incidencia, punto marcado no mapa, fotografías e audio que se acheguen; datos técnicos mínimos para evitar envíos abusivos | Recibir, xestionar e resolver avisos sobre a vía pública e os servizos municipais |
| Formularios de contacto (xeral e alcaldía) | Nome, datos de contacto e mensaxe | Atender a consulta ou solicitude |
| Reservas de pavillóns e centros socioculturais | Datos da persoa ou entidade solicitante, actividade, datas | Xestionar a reserva das instalacións municipais |
| Concursos e actividades (p. ex. «Boqueixón en imaxes») | Datos de inscrición e obras presentadas | Xestionar a participación segundo as bases de cada convocatoria |
| Notificacións da app | Identificador técnico do dispositivo (non o nome nin o teléfono) | Enviar os avisos municipais a quen os activa |
Base xurídica
- Cumprimento dunha misión de interese público ou exercicio de poderes públicos (art. 6.1.e RXPD), en relación coas competencias municipais da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local: incidencias, reservas de instalacións e atención á cidadanía.
- Consentimento (art. 6.1.a RXPD): notificacións da app e participación voluntaria en concursos e actividades. Pode retiralo en calquera momento.
Canto tempo se conservan
- Incidencias: as fotografías e o audio elimínanse 90 días despois de pechar a incidencia. Os datos de identificación, aos 12 meses. A incidencia e o seu historial, aos 24 meses.
- Resto de servizos: o tempo necesario para a finalidade e para cumprir as obrigas legais, incluída a normativa de arquivos e patrimonio documenta.
Destinatarios
Os datos non se ceden a terceiros, salvo obriga legal. As incidencias que sexan competencia doutra administración (por exemplo, estradas autonómicas ou provinciais) poderán comunicarse á administración competente para resolvelas. O Concello conta con provedores que tratan datos no seu nome, con contrato de encargo de tratamento:- aloxamento e mantemento do sitio web OVH Europa;
- servizo de notificacións OneSignal (OneSignal, Inc., EE. UU.), adherida ao Marco de privacidade de datos UE-EE. UU.;
- outros que se indican na política de cookies.
Os seus dereitos
Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento e oposición, e retirar o consentimento cando sexa a base do tratamento. Para iso:- presente un escrito no rexistro xeral do Concello (Forte, s/n · 15881 Boqueixón), ou
- a través da sede electrónica.
Seguridade
O Concello aplica medidas técnicas e organizativas para protexer os datos, conforme ao Esquema Nacional de Seguridade:- conexión cifrada (HTTPS);
- acceso restrinxido ao persoal autorizado;
- fotografías e audios das incidencias gardados fóra da parte pública do servidor, sen acceso por enderezo web;
- copias de seguridade.
Cambios nesta política
Esta política pode actualizarse para adaptala a cambios normativos ou nos servizos. A data da última actualización indícase ao final da páxina.Última actualización: 16 de outubro de 2026
