Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Bases de axudas do IGAPE á reorientación e á competividade das pemes galegas

19 de xuño de 2013

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as Bases reguladoras das axudas do Igape á reorientación e á competitividade das pemes galegas, xunto coa correspondente convocatoria 2013 das seguintes liñas:
 
– Proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 € (procedemento IG103)

– Proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 € (procedemento IG174)
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 17 de xullo 2013

O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro do 2014.

Resolución DOG no seguinte enlace:  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130617/AnuncioO92-070613-0001_gl.pdf

Compartir
WhatsApp Facebook Correo