Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Bandos e avisos

A Casa Consistorial do Concello de Boqueixón acollerá o 18 de decembro o pago de xuros de demora polas expropiacións do proxecto de mellora da seguridade vial en Rodiño

11 de novembro de 2019

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) vén de publicar un anuncio polo cal se establece para o vindeiro mércores 18 de decembro o pago de xuros de demora por expropiacións forzosas por mor das obras dos proxectos:

  •  AC/08/039.06 “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL EN RODIÑO DO P.K. 4+040 O P.K. 6+040 NA AC-960”
  • AC/08/039.06.M1 “PROXECTO MODIFICADO Nº1 MELLORA DA SEGURIDADE VIAL EN RODIÑO DO P.K.4+040 Ó P.K.6+040 NA AC-960”

Dito pagamento terá lugar na Casa Consistorial do Concello de Boqueixón en horario de 09.30 a 11.00 horas. Pódese consultar o anuncio completo do BOP premendo neste enlace.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo