Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 2 marzo 2020

Os Concellos de Boqueixón e de Vila de Cruces reviven as batallas napoleónicas en dúas visitas teatralizadas a Ponte Ledesma

Os Concellos de Boqueixón e de Vila de Cruces  presentaron este mediodía a terceira edición das súas Visitas Teatralizadas a Ponte Ledesma-Gres. As representacións terán lugar os domingos 8 e 15 de marzo ás 12:30 horas, cunha duración aproximada de unha hora e media. Os actores Suso Martínez e Pedro Brandariz darán vida ao capitán Benito Martínez e o abade Alonso Valladares para representae e narrar a batalla que se librou en Ponte Ledesma- Gres contra o exército de Napoleón.

Trátase da terceira edición dunha cita cultural que xa se está a consolidar entre o público, xa que combina ocio, cultura e coñecemento. O último ano a visita teatralizada completouse coa narración dos feitos acaecidos en marzo de 1809. E este exercicio, como novidade, os actores tamén recrearán os feitos acontecidos antes e despois da histórica batalla. En 2019 recrearon o duelo entre dous oficiais franceses, e en 2020 realizarán unha narración teatralizada por parte do capitán Benito Martínez –interpretado por Suso Martínez-, e a figura do sacerdote don Alonso Valladares –interpretado por Pedro Brandariz- dos momentos previos e posteriores á batalla.

A presentación das visitas teatralizadas da Batalla de Ponteledesma desenvolveuse sobre a Ponte Vella de Ledesma, coa participación dos alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e de Vila de Cruces, Luis Taboada.

Fernández Munín destacou o éxito de público e a elevada valoración que obtivo esta actividade, “os últimos anos comprobamos que estas representacións teatrais teñen moito éxito, e por iso seguimos apostando por esta fórmula para conmemorar a batalla que os nosos antepasados libraron contra o exército de Napoleón”. Taboada, pola súa parte, explicou que as Visitas Teatralizadas deste ano “para nada son unha repetición”, posto que de novo inclúense diversas novidades e ademais insistiu na necesidade destas accións “para que a historia non se repita”.

Na presentación desta mañá tamén fixeron a súa aparición os actores Suso Martínez e Manuel Sánchez. O actor que exercerá como guía adiantou que este tipo de propostas permiten que as persoas que as visiten coñezan capítulos históricos relevantes vinculados a lugares tan emblemáticos e singulares como Ponte Ledesma.

Como participar

As Visitas Teatralizadas, que percorrerán a contorna máis próxima á ponte, conmemoran a batalla que se librou nela en 1809 entre as tropas de Napoleón e o exército de campesiños ao mando de Benito Martínez. O capitán e os seus lograron conter temporalmente o avance do exército francés grazas ao apoio da xente da zona que batallou armada con trabucos e apeiros de labranza.

Os interesados e as interesadas en participar nestas visitas teatralizadas gratuítas deberán inscribirse no Concello de Boqueixón (no teléfono 981 513 061 ou  no e-mail  boqueixonturismo@gmail.comou ou no de Vila de  Cruces (chamando  ao  986  582   017   ou   enviando   un   correo   electrónico   a  info@viladecruces.es. O período para inscribirse á actividade conclúe o venres anterior a cada unha das representacións.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}