«As industrias cultural e turística supoñen, no seu conxunto, o 13 % do PIB de Galicia e preto do 14 % do emprego, chegando case aos 160.000 postos de traballo directos en 2019.
Concretamente, no sector cultural, entre os anos 2014 e 2018 o emprego experimentou un aumento do 5,4 %, ata chegar a un total de 35.000 profesionais na actualidade. Isto supoñía unha achega do 2,5 % ao PIB do territorio.
Pola súa banda, o sector turístico Galicia acadou en 2019 os mellores resultados da súa historia. É a CCAA onde máis medrou a demanda turística de España (un 6 %, fronte á media nacional dun 1 %) e alta rendibilidade (un 7 %, fronte á media nacional dun 3,2 %).
A crise xerada pola evolución epidemiolóxica da COVID-19 provocou unha parálise total destes sectores. As estimacións e proxeccións actuais prognostican un impacto económico especialmente intenso nuns ámbitos moi supeditados aos desprazamentos, á confianza dos mercados.»
Consulta neste documento todas as medidas que propón a Xunta de Galicia para paliar os efectos desta crise: Plan de Reactivación Turístico