Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OMIX
  • Publicada o 16 junio 2020

A Consellería de Política Social abre o prazo de inscrición nos campamentos de verán da Xunta

AccionVeranXuntaBoqueixon

A Consellería de Política Social vén de abrir o periodo de inscrición para os campamentos de verán. Baixo o nome O verán que necesitas establécese unha oferta de ata 6.872 prazas dirixidas á mocidade para as actividades de lecer que se desenvolverán nos vindeiros meses de xullo, agosto e setembro. A Xunta reservou unha convocatoria específica de 132 prazas para as persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos. As distintas propostas de lecer desenvolveranse nun total de 35 instalacións distribuídas polas catro provincias galegas.

As actividades da Acción de Verán da Xunta de Galicia diríxense:
• A persoas nacidas no ano 2002, que non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
• A persoas nacidas no ano 2011, que deberán ter cumpridos 9 anos no momento do inicio do campamento.

A Acción de Verán contempla o desenvolvemento de campamentos de verán, campos de voluntariado e, como novidades desta edición, minicampamentos e prazas en residencias xuvenís. Neste senso, e co fin de adaptarse ás necesidades da nova normalidade implementáronse unha serie de medidas como a redución no aforo das instalacións de lecer (para garantir a distancia interpersoal entre participantes e equipo técnico); o reforzo do persoal monitor (previamente formado e que traballará con grupos de ata 15 participantes), e o incremento das medidas hixiénico-sanitarias de carácter persoal e na propia instalación, dacordo co protocolo concretado polas autoridades sanitarias.

A presentación de solicitudes deberase formalizar en 7 días hábiles a partir de hoxe. Preferentemente presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal  (procedemento BS303F, de carácter xeral, e BS303H, para as prazas de inclusión). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta. No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á do peche da convocatoria.

A adxudicación pode ser:
• Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
• Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Efectuaranse dous sorteos independentes segundo o procedemento polo que se solicite (o xeral ou o de prazas reservadas para inclusión). Neste caso, o sorteo realizarase, ante notario/a. O día concreto de realización do sorteo anunciarase na páxina web de Xuventude, http://xuventude.xunta.es. Mediante este sorteo, cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I da orde reguladora.

Contémplanse unha serie de descontos -non acumulables- nos prezos das actividades (que varían entre os 117,36 e os 193,30 euros):
• 50% para membros de familia que teñan o título de numerosa.
• 50% para familias que teñan o certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental expedido pola Consellería de Política Social.
• 25% para as persoas usuarias do Carné xove. Para poder aplicar o desconto a persoa beneficiaria deberá ser titular do Carné xove e telo vixente no momento de efectuar o pagamento. A información para facer o Carné xove pode consultarse en http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade/carne-xove.

Tal e como se indica no propio folleto informativo da Campaña de Verán 2020, a participación realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous, tres ou catro irmáns ou irmás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
• Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación das mozas e mozos.
• O aloxamento nun albergue, nunha residencia ou nun campamento.
• A manutención en réxime de pensión completa.
• O material necesario para a actividade.
• Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e
actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón
da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as
súas necesidades.
• Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Toda a información sobre a Acción de Verán está dispoñible na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Pódese acceder premendo aquí. A información específica sobre os campamentos dirixidos a persoas con discapacidade pódese consultar neste enlace.

AccionDeVeran2020

Adxuntos

  • AccionDeVeran2020 (2 MB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}