Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais

A EIM Raíña Lupa de Boqueixón publica a listaxe provisional de admitidos/as para o curso 2020/2021

15 de xullo de 2020

EscolaresEIMBoqueixon

A Escola Infantil Municipal (EIM) Raíña Lupa de Boqueixón publica a listaxe provisional de admitidos/as para o vindeiro curso 2020/2021. O centro contará con 16 crianzas de novo ingreso, mentres que 33 procederán á renovación da súa matrícula. Non hai lista de agarda.

A listaxe provisional pódese consultar no documento adxunto ou premendo aquí. Establécese un prazo de 10 días naturais para posibles reclamacións. Unha vez finalizado dito periodo, procederase á publicación da listaxe definitiva de admitidos/as na EIM Raíña Lupa de Boqueixón para o curso 2020/2021.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo