Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais

Prazas vacantes para EIM Raíña Lupa de Boqueixón

21 de agosto de 2020

O Concello de Boqueixón vén de informar sobre a existencia de 5 prazas vacantes para o vindeiro curso 2020-2021 na EIM Raíña Lupa.  Segundo se detalla na resolución de alcaldía, para acceder a ditas prazas, as persoas solicitantes “deberán cumprir os requisitos establecidos no Regulamento de Réxime interno da Escola Infantil Raíña Lupa de Boqueixón; a selección das solicitudes efectuarase en función do establecido no artigo 3 e concordantes do Regulamento de réxime interno da Escola Infantil Raíña Lupa de Boqueixón (BOP núm. 221 do 21 de novembro de 2017)”.

A información da resolución de alcaldía pódese consultar premendo aquí ou no arquivo adxunto. Tamén se inclúe unha dilixencia correción de erros na que se inclúen os requisitos indicados anteriormente.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo