Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

II Ruta de Tapas de Boqueixón

28 de outubro de 2013

Cartel II Ruta de TapasEsta II Ruta de Tapas de Boqueixón supón unha acción de promoción económica, de desenvolvemento local, trátase de dar a coñecer e potenciar os establecementos hosteleiros e a gastronomía da zona.

Participan 11 locais de Boqueixón no proxecto: Taberna O´Cruceiro, Bar A Barreira, Café bar “O Nervioso”, Café Bar O Latino, Café Tapas 3Bar O Rincón de Pepe, Café Bar “Vente Vindo”, Parrillada O Breixo, Café Bar Záramo, Café Bar A Casa d´Lenin,  Café Bar Casa Castro e a Taberna O Portugués.
 
Esta ruta de exaltación da gastronomía celebrarase durante os días: 8, 9, 10, 15, 16 e 17 de novembro e en horario de mañán e tarde: das 12:00h- 15:00h. e das 20:00h. ás 22:30h.
Os locais elaborarán tapas exquisitas e moi variadas a un prezo de 1,5 euros, sempre con produtos da terra, por exemplo: “Segredo ibérico”, “Chourizos ó viño”, “Teclas do Latino tocadas por Bo-Queixo”, “Tosta de pan artesán con carrilleira de tenreira e veo de queixo afumado”, “Pementos de piquillo recheos”, “Setas ó Cruceiro”, “Polo preñado”, “Raxo flambeado”, “Octopus Lenin”, “Roliños de polvo con cogumelos”, “Espeto de boi e champiñóns”, “Careto do porTapas 2co do Relojero”.

 

Celebrarase tamén un Concurso á mellor tapa de Boqueixón 2013,  coa finalidade de que o concurso e o proceso sexa o máis obxectivo posible, o xurado será popular, deste xeito, cando un participante deguste todas as tapas cubrindo a súa tarxeta con todos os selos dos establecementos, debe indicar na mesma tarxeta  cal considera que é a mellor tapa da ruta. A Continuación, cos datos persoais cubertos introdúcese nas urnas dispostas nos establecementos hosteleiros. Ó remate das 6 xornadas gastronómicas, o establecemento gañador obterá o recoñecemento á “Mellor Tapa de Boqueixón 2013”, contemplándose tamén o segundo e terceiro máis votado como 2º e 3º clasificado.

Tapas 1

 

De entre todas as tarxetas dos participantes recollidas das urnas, sortearase unha noite con cea para dúas persoas nunha casa rural. Estas tarxetas pódense descargar da páxina web do concello e tamén se poderán recoller nos establecementos incluídos na ruta.

Esperando que este proxecto sexa do agrado de todos, que toda veciñanza e visitantes de outros concellos se animen a visitar os establecementos de Boqueixón,  participar na Ruta de Tapas e desfrutar de cada unha de elas. Quedades todos convidados a percorrer Boqueixón de tapas.

 

 

 

 

 

 II Ruta de Tapas – Tarxetón[attachments docid=”3552″]

Compartir
WhatsApp Facebook Correo