Aforo completo para a II Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller

Tras a aprobación das novas restricións para previr a propagación da COVID-19, o CIM de Boqueixón informa de que o aforo para a II Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller xa se atopa completo. Porén, e aínda que as 30 prazas presenciais dispoñibles se atopan xa reservadas, o Concello de Boqueixón ofrecerá a posibilidade de seguir esta xornada en directo a través da Internet. Nos vindeiros días informarase sobre o procedemento para poder acceder ao visionado desta actividade.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025