Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Axudas

A Xunta publica as bases reguladoras dos Programas I de mantemento de emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19 e do programa II hostelería de apoio ó sector da hostelería

27 de novembro de 2020

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as reguladoras dos Programas I de mantemento de emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19 e do programa II hostelería de apoio ó sector da hostelería. A continuación resúmense os puntos de principal interese para as persoas que queiran solicitar as axudas:

1. Programa I de mantemento de emprego  e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID -19

As persoas beneficiarias destas axudas poderán ser:

  • Persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo
  • As microempresas, calquera que sexa a sua forma xurídica
  • As pemes, excepcionalmente, sempre que desenvolvan a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados.

E deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Domicilio fiscal en Galicia.
  • Que teñan, ou tivesen autorizado un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) pola COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.
  • Que a facturación baixase polo menos o 45 % no ano 2020, realizándose unha comparación entre todo o facturado en todo o ano 2019 e os tres primeiros trimestres do ano 2020.

Entenderase como actividade especialmente paralizada:

  • En todo caso o lecer nocturno
  • Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades en que non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.
  • Os negocios encadrados nos seguintes CNAE: 4932, 5010, 5030, 5621, 5914, 7911, 7912, 7990, 8230, 9001, 9002, 9004, 9321, 9329

O importe das axudas será de dúas cantidades: 4.000 ou 5.000 Euros

2. Programa II hostalaría, de apoio ao sector

 As persoas beneficiarias destas axudas poderán ser:

  • Persoas traballadoras autónomas
  • Persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo.
  • Micorempresas pemes do sector de hostalería
  • Hoteis, hostais, casas rurais e outro tipo de aloxamentos que cumplan estes requisitos:
    • Ter domicilio fiscal en Galicia.
    • Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ou de peche perimetral do concello en que se sitúen os hoteis, casas rurais e outro tipo de establecementos, ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes que se relacionan no enlace seguinte:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201127/AnuncioG0599-261120-0001_gl.html

Importe das axudas

A axuda por establecemento será de 1.500 € por mes de paralización da actividade, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional por períodos de dúas semanas. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 750 €. No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 (pemes) percibirán a cantidade de 2.000 € por mes paralizado, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 1.000 €. As axudas serán por establecemento paralizado, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda. Para o cálculo das semanas pechadas terase en conta o tempo que estivo nesa situación ata o momento da presentación da solicitude de axuda. Para maior información poden chamar ao teléfono 900 81 56 00 ou na web www.oficinadoautonomo.gal .

 O prazo  de presentación de solicitudes será dun mes desde o día de mañan (ata ó 28 de decembro).

 Máis información no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201127/AnuncioG0599-261120-0001_gl.html

 

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo