Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

O Concello abre inscricións para o programa de conciliación Nadal Activo

1 de decembro de 2020

CartelNadalActivo2020Boqueixon

O Concello de Boqueixón ofrece, un ano máis, o programa Nadal Activo. Trátase dunha iniciativa lúdica-educativa que facilita a conciliación laboral e familiar durante as vacacións de Nadal. As bases completas pódense consultar nesta ligazón.

As actividades están dirixidas a escolares de Educación Infantil e Primaria do Concello de Boqueixón e alumnado matriculado nun centro educativo do municipio. As sesións desenvolveranse os días 23, 28, 29 e 30 de decembro e o 4, 5 e 7 de xaneiro nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto. O horario será de 09.00 a 14.00 horas –entrada de 09.00 a 10.00 e saída, de 13.30 a 14.00 horas-. Aplicaranse todas as medidas hixiénico-sanitarias pertinentes en materia de prevención contra a COVID-19.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 10 de decembro. A poboación interesada deberá remitir a ficha de solicitude correspondente, xunto coa documentación requerida. A presentación de solicitudes poderase realizar telemáticamente a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón, que será a opción preferente, ou de xeito presencial, no rexistro municipal.

O prezo é de 25 euros para o programa completo e de 5 euros por días soltos. Ofrécense unha serie de bonificacións no custo:

Casos de emerxencia social, unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM (537,84€) ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais.

 

100%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM (806,76€).

 

60%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM ( 1.344,6€).

 

30%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a  4 veces o IPREM (2.151,36€).

 

15%
Condición de familia numerosa xeral.

 

30%
Condición de familia numerosa especial.

 

40%

Requirirase un grupo mínimo de participantes para poder desenvolver o programa. O número máximo de prazas ofertadas é de 20. Do mesmo xeito, o Concello poderá modificar ou suspender a prestación do servizo en función das circunstancias que acontezan derivadas da crise sanitaria motivada pola COVID-19.

As persoas que desexen máis información, poden chamar ao teléfono 981 513 115 ou remitir un e-mail ao enderezo electrónico cim@boqueixon.gal.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo