Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Ofertas de emprego

16 de decembro de 2013

POSTO: GOBERNANTA

LUGAR: Santiago de Compostela

FUNCIÓNS: Precísase incorporar gobernanta para desempeñar as tarefas propias do posto, tendo como actividades principais a organización e coordinación do persoal a seu cargo, supervisión do departamento de pisos, formación de futuras camareiras, realización da documentación administrativa do departamento, e actuar de vínculo entre a dirección do hotel, a empresa e os traballadores do mesmo.

REQUISITOS: Requírese experiencia demostrable de a lo menos 2 anos, como gobernanta. Preferiblemente debe posuír carné de conducir e vehículo propio.

+INFO:

POSTO: LIMPADOR/A

LUGAR: Santiago de Compostela

FUNCIÓNS: necesítase limpador/a con experiencia en limpeza de cristais con baral e máquina fregadora

REQUISITOS:
– certificado de discapacidade (non se terán en conta candidaturas que non cumpran este requisito)
– experiencia en limpeza de cristais
– manexo máquina fregadora

+INFO:

POSTO: ADMINISTRADOR DE WINDOWS (TITULADO UNIVERSITARIO)

LUGAR: Santiago de Compostela

FUNCIÓNS: Precísase incorporar en proxecto de longa duración en importante cliente un Administrador de Sistemas Wintel.
Administrador plataforma: Microsoft (Directorio Activo, Exchange, SQL Server), Citrix, Metaframe. Atención telefónica. Instalación de productos.

REQUSITOS: Administrador de Sistemas Windows.
Titulación universitaria (técnica ou superior) en carreiras técnicas (Informática, Telecomunicacións, Física, etc).
Experiencia mínima de 1-3 anos (según posto) en administración de sistemas baseados en plataforma Microsoft con requerimentos de alta dispoñibilidade e seguridade. Nivel de inglés técnico.
Valorarase certificación en produtos da plataforma Microsoft, Citrix, Metaframe e SBC, así como coñecementos en ITIL.
Dispoñibilidade para traballar a turnos mañán e tarde.

+ INFO:

POSTO: PEÓN MECÁNICO DO AUTOMÓBIL

LUGAR: Santiago de Compostela

REQUISITOS: Búscase peón mecánico do automóbil e camión cos seguintes coñecementos:

  • Reparación e/ou cambio de aceite
  • Reparación e/ou cambio de embragues
  • Revisións xerais dos vehículos
  • Cambios de rodas
  • Cambios de aceite
  • Diagnóstico e reparación de averías eléctricas
  • Montaxes especiais
  • Cambios de frenos
  • Diagnose
  • Cambio de inxectores
  • Cambio de espellos
  • Reparacións de motor en xeral
  • Imprescindible experiencia en montaxe de neumáticos de camión.

 +INFO:

POSTO. ADMINISTRATIVO CON ALEMÁN

LUGAR: Padrón (A Coruña)

FUNCIÓNS: Nortempo ETT, S.L. selecciona un/unha administrativo/a con nivel alto de alemán para importante empresa ubicada nos arredores de Santiago de Compostela..

REQUISITOS: Formación mínima Ciclo Medio administración e finanzas e nivel alto de alemán.

INFO: Nortempo ETT, S.L

POSTO: DEPENDENTES DE TELEFONÍA MÓBIL

LUGAR: Santiago de Compostela

FUNCIÓNS: Empregabilidade ETT precisa incorporar dependentes/as de tendas de telefonía móbil para traballar en Santiago de Compostela.
Incorporación inmediata.
Xornada completa ou media xornada.
Imprescindible boa presencia, don de xentes, dotes comerciais e bo trato ó público.
Precísase experiencia previa no posto.

REQUISITOS: Imprescindible boa presencia, don de xentes, dotes comerciais e bo trato  ó público. Precísase experiencia previa no posto e vivir na zona de Santiago de Compostela

+INFO:

POSTO: INFORMÁTICO PROGRAMADOR

LUGAR: Santiago de Compostela

FUNCIÓNS: Seleccionamos informático con coñecementos de programación, SQL e dominio avanzado de ORAQLE para importante empresa líder no seu sector ubicada nos arredores de Santiago de Compostela.
Ofrécese contrato por obra. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.

REQUISITOS: Dominio de Oraqle y sql

+INFO:

POSTO: PROMOTOR/A CON EXPERIENCIA EN PEQUENO ELECTRODOMÉSTICO

LUGAR: Santiago de Compostela

FUNCIÓNS: Atención ó cliente, promoción de produtos no departamento de pequeno electrodoméstico en grandes almacéns. Incentivar á venda dos produtos.

REQUISITOS: Imprescindible experiencia en promoción de pequeno electrodoméstico en grandes almacéns. Perfil orientado á venda. Boa presencia, dispoñibilidade de tardes e fins de semana.

+INFO:

POSTO: CAMAREIRO/A DE PISO

LUGAR: Santiago de Compostela

FUNCIÓNS: Precísase incorporar persoal con experiencia en limpeza de habitacións de hoteis de alta categoría.

REQUISITOS: Experiencia previa no posto,  residencia en Santiago de Compostela ou arredores.

+INFO:

POSTO: TRABALLO DE VENDA DIRECTA

LUGAR: Santiago de Compostela

REQUISITOS: EXB, ESO. Non é preciso ter experiencia

Requisitos mínimos:
– Persoas dinámicas e con ambición.
– Incorporación Inmediata
– Capacidade de traballo e organización
– Orientación comercial
– Capacidade de comunicación e trato co cliente.
Requisitos valorados: Acceso a internet, algún coñecemento en vendas.

+ INFO:

POSTO: MONTADOR DE NEUMÁTICOS DE CAMIÓN 36305/329

LUGAR: A Coruña

FUNCIÓNS: Adecco Santiago, selecciona para importante taller mecánico da provincia de A Coruña un montador/a de neumáticos.
Cambio e mantemento de neumáticos de camión e demais tarefas propias do posto.

REQUISITOS: Experiencia demostrable de dous anos no mesmo posto.

+INFO:

POSTO: PINTOR /A AUTÓNOMO PARA A CORUÑA 36302/383

LUGAR: A Coruña

FUNCIÓNS: Determinar a necesidade de materiais, equipos e medios auxiliares (pinturas, barnices, lacas, brochas, cepillos…).
Preparar e limpar as superficies que vai pintar ou empapelar (rascar, lavar, lixar) e os soportes necesarios para realizar o traballo previsto.
Pintar as superficie e acabados (pintura lisa, picada ou goteada, a brocha, rodillo ou con pistola). Capacidade de tasar: posibilidade de informar e medir danos de outros gremios

REQUISITOS: Experiencia de máis de 2 anos. Valórase experiencia en reparación de sinistros do fogar e colaboración con compañías de seguros, construcción ou outras afíns.
Estar dado/a de alta en réximen de autónomo, ou disposto/a a elo. Alta en IAE, Imposto de Actividades Económicas, ou disposto/a a contratalo.
PRL, Contrato de Prevención en Riscos Laborais en vigor, ou disposto/a a contratalo.
Seguro de Responsabilidade Civil en vigor, ou disposto/a a contratalo.
Carné de conducir e vehículo propio para a realización dos desprazamentos que requiran os servizos.
Estar en posesión de ferramentas de traballo propias, dispositivo PDA / Smartphone ou disposto/a a adquirilo.
Capacidade de organización, calidade Técnico/a e orientación ó cliente.
Coñecementos básicos informáticos.

+INFO:

POSTO: TÉCNICO PATRONISTA 36302/384

LUGAR: A Coruña

FUNCIÓNS:
– Xestión, control e realización de patróns.
– Rectificación, escalonado de patróns, estudos de texidos, recortar patróns en papel, comprobación de prendas cortadas, dixitalización de patróns, reunión de equipo, control de calidade, medición de ractificacións e de prendas para Marrocos e Portugal, tablas de medidas para Marrocos e Portugal, Viaxes a Portugal e Marrocos.

REQUISITOS:
– Titulación técnico/a en patronaxe industrial.
– Persoa creativa, resolutiva, metódica, ordenada, discreta e proactiva con iniciativa.
– Informática: paquete office, Cerber e Cursar (programa propio).
– Coñecementos de control de calidade.
– Carné de conducir e dispoñibilidade para desprazarse.
A valorar dominio de: galego, portugués e inglés.

+ INFO:

Compartir
WhatsApp Facebook Correo