Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Convocatoria de prazas para o programa de Termalismo Social

18 de decembro de 2013

O Ministerio de Sanidade,   Servizos Sociais e Igualdade,  por medio do IMSERSO  convoca  prazas  para  pensionistas  que  desexen  participar  no PROGRAMA TERMALISMO SOCIAL. 

REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR:

1.  Ser  pensionista  da  Seguridade  Social  por  xubilación  ou  invalidez,  os pensionistas de viuvedade e outras pensións deberán ter cumpridos os 60 anos. Tamén poderán participar os  cónxuxes.

2.  Non padecer trastornos mentais graves nin enfermidade infecto-contaxiosa e valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.

3.  Precisar  os  tratamentos  termais  solicitados  e  non  ter  contraindicación médica para a recepción do mesmo.

4.  Alcanzar de conformidade coa baremación establecida a puntuación que lle permita acceder á quenda e balneario solicitado.

PRAZOS PARA SOLICITAR: 

Para participar nos meses de febreiro a agosto:  ata o 16  de xaneiro 2014

Para participar nos meses de setembro a decembro: ata o 16  de maio 2014

SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN:

Departemento de Servizos Sociais
Telf.: 981 51 31  06

Compartir
WhatsApp Facebook Correo