Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais · Xuventude (OMIX)

O Concello de Boqueixón abre entre o 8 e o 12 de marzo o prazo de inscrición para o programa de conciliación ‘Semana Activa’

6 de marzo de 2021

SemanaActivaBoqueixon

O Concello de Boqueixón abre o luns 8 o prazo de inscrición para as propostas da Semana Activa. Trátase dun programa lúdico-educativo que facilita a conciliación laboral e familiar durante os días non lectivos de semana santa. O desenvolvemento das actividades terá lugar nas instalacións municipais do Forte e  no CPI Antonio Orza Couto, coa adopción das medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da Covid-19.

As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición deberán facelo ata o 12 de marzo entregando a ficha de inscrición e a documentación correspondente. A ficha pódese descargar no arquivo anexo ou premendo aquí.

As bases do programa son as seguintes:

Primeiro: obxectivos

Conciliación laboral e familiar durante as vacacións de semana santa.

Segundo: datas  e horario

29,30,31 de marzo e 5 de abril,  entrada de 09:00 a 10:00, saída de 13:30 a 14:00 h.

Terceiro: número de prazas

O número de prazas ofertadas será de  16, as inscricións serán por rigorosa orde de inscrición.

Cuarto: persoas destinatarias

Nenos e nenas de infantil e primaria empadroados no Concello de Boqueixón e alumnado matriculado/a nun centro educativo de Boqueixón, con necesidade real de conciliación.

Quinto: inscricións

As inscricións adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.  dende o 8 ata o 12 de marzo, enviando  a ficha de solicitude e demais documentación por unha das seguintes vías:

  • Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente).
  • Presencial, rexistro municipal.

Documentación que deben achegar xunto á  ficha de inscrición:

  1. Declaración da renda do 2019 ou xustificante acreditativo de non ter que

Só para altas novas

  1. Documento acreditativo de familia numerosa (de ser o caso).

Sexto: custo

20 euros.

O prezo total a pagar polo Programa Semana Activa será cargado  na conta bancaria indicada polo proxenitor/a ou titor/a legal do/da menor. Mediante a firma da presente solicitude

AUTORIZA:

  • Ao acredor (Concello de Boqueixón) a enviar instrucións a entidade bancaria do debedor para domiciliar a súa conta.
  • Á entidade bancaria para efectuar as domiciliacións na súa conta seguindo as instrucións do acredor.

Sétimo: bonificacións:

Casos de emerxencia social, unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM (537,84€) ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais.

 

100%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM (806,76€).

 

60%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM ( 1.344,6€).

 

30%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a  4 veces o IPREM (2.151,36€).

 

15%
Condición de familia numerosa xeral.

 

30%
Condición de familia numerosa especial.

 

40%

Oitavo: condicións

Unha vez rematado o prazo de inscrición,  e no caso de cubrirse a totalidade das prazas, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, cun prazo para a presentación de reclamacións  de 3 días hábiles e posteriormente publicarase a listaxe definitiva.

O Concello poderá modificar ou suspender a prestación do servizo en función das circunstancias que acontezan derivadas da crise sanitaria motivada pola COVID-19.

Máis información sobre estes programas no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico  cim@boqueixon.gal.

Adxuntos

Compartir
WhatsApp Facebook Correo