
Os últimos datos do SERGAS confirman que Boqueixón non rexistrou novos casos de COVID-19 diagnosticados por PDIA nos últimos 14 días. Dende o Concello, felicítase á cidadanía polo seu bo facer, se ben piden que se sigan mantendo todas as medidas de prevención e seguridade contra a expansión do virus co fin de continuar nesta situación.

