Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 31 mayo 2021

O Concello de Boqueixón promove unhas xornadas de limpeza da sima do Pico Sacro que terán lugar os días 5 e 6 de xuño

PresentacionLimpezaCovasPicoSacro02Boqueixon

O Pico Sacro acollerá esta fin de semana unha iniciativa que contribuirá á posta en valor deste enclave. Para iso, o Concello de Boqueixón colabora no desenvolvemento dunhas xornadas de limpeza das covas deste monte sagrado nos días 5 e 6 de xuño. O alcalde boqueixonés, Manuel Fernández Munín, e o presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Francisco Martínez García, presentaron esta mañá os detalles sobre esta proposta na entrada dunha das covas.

“Esta é a primeira vez que se acomete unha limpeza en profundidade das covas do Pico Sacro”, indicou o rexedor, quen se amosou moi satisfeito pola posta en marcha desta iniciativa. O principal obxectivo deste proxecto é “mellorar o estado do interior da sima, algo que servirá para accións futuras”. Neste senso, anunciou que “a nosa intención é ofrecer visitas guiadas ao interior das covas. Serán desenvolvidas tamén a través da Federación Galega de Espeleoloxía”. Uns percorridos que tamén se sumarán a unha nova edición das visitas xeolóxicas guiadas que se ofrecerán durante os meses de verán.

Pola súa banda, Francisco Martínez explicou como se desenvolverá esta iniciativa. A elección das datas vén condicionada pola coincidencia co Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), establecido pola ONU no 1972. “Nesta fin de semana, centrarémonos na Contramina de Juan Antón, coa limpeza e baleirados dos primeiros dous metros de amoreamento de pedras, xa que se trata de restos botados ao interior da cova ao longo dos anos”, indicou.

CartelLimpezaCovasPico (1)Para isto, instalarase unha tirolina na Contramina de Juan Antón e, mediante sacas de 20 quilogramos aproximadamente, iranse extraendo as pedras do interior da cova. A estimación que manexan dende a Federación Galega de Espeleoloxía é que se poida baleirar un metro cúbico de pedras nunha xornada de oito horas. As persoas integrantes deste colectivo que participarán nas xornadas de limpeza distribuiranse en grupos –arredor dunha vintena de persoas voluntarias procedentes de toda Galicia-, de xeito que cumprirá con todas as medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19.

Coincidindo tamén co Día Mundial do Medio Ambiente e para dar a coñecer o monte sagrado dende esta perspectiva, a Federación Galega de Espeleoloxía organiza unha charla informativa sobre A xeoloxía do Pico Sacro. Terá lugar ás 20.00 horas no Centro de Interpretación do Pico Sacro e será impartida por Marcos Vaqueiro Rodríguez, Doutor Espeleólogo da Federación Galega de Espeleoloxía.

Visitas guiadas

Unha vez executada a limpeza, prevese a realización de visitas guiadas. A intención tanto do Concello como da propia Federación é que se poidan realizar durante todo o ano. Deste xeito, tal e como indicou Manuel Fernández Munín, “buscaremos a posta en valor e difusión do patrimonio cultural, natural e histórico do Pico Sacro e da Cova; achegaremos ao público xeral a importancia xeolóxica e espeleolóxica deste enclave; ofreceremos unha oferta turística novidosa e de interese baseada no patrimonio arqueolóxico e na protección e fomento do coidado ambiental, e, finalmente, fomentaremos o deporte na natureza e a vida saudable sempre tendo en conta o respecto ao patrimonio natural”.

Dende o Concello animan á veciñanza e visitantes a asistir á xornada informativa sobre o Pico Sacro e agardan que a vindeira posta en marcha das visitas guiadas ao interior das covas resulte de gran interese para o público. “Este tipo de propostas resultan especialmente interesantes, xa que achegan unha perspectiva diferente deste enclave, e máis aínda neste Xacobeo 2021-2022. Non en van, o Pico Sacro é tamén un punto de referencia para as persoas que peregrinan a Santiago a través da Vía da Prata”, concluíu o alcalde de Boqueixón.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}