Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, SERVICIOS SOCIAIS
  • Publicada o 26 junio 2021

Unha visita á Catedral de Santiago pecha o programa de Prevención da Dependencia 2020-2021 do Concello de Boqueixón

Visita Catedral

Unha visita á catedral de Santiago serviu de actividade de peche do curso 2020-2021 do Programa de Prevención da Dependencia, posto en marcha polo Departamento de Servizos Sociais de Boqueixón en 2010. Unha iniciativa que tivo que superar numerosos atrancos durante esta pandemia sanitaria, que obrigou a facer subgrupos e fixo tamén que gran parte das persoas que adoitan participar non asistiran ás actividades programadas para esta etapa.

Aínda así, sete veciños e veciñas de Boqueixón participaron na visita á Catedral de Santiago, na que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ana María Seijo, e polo párroco de Lestedo, José Sánchez Piso, que fixo de guía da visita e lles explicou o proceso de construción e a historia da catedral. A expedición desfrutou dunha merenda na Praza da Quintana, cruzaron a Porta Santa e asistiron á Misa do Peregrino.

María Pereira, educadora familiar encargada do programa, explica que “moitos non se acordaban de vir a Santiago, a pesar da proximidade, polo que foi para eles toda unha excursión”. Unha das cousas que máis os sorprendeu foron as obras de renovación do templo compostelán, se ben “desta vez a ilusión de todos era pasar a Porta Santa”, puntualiza María Pereira.

Ano complicado

Con esta visita, o Departamento de Servizos Sociais boqueixanés pecha un complicado ano. «As actividades realizadas foron variadas, aínda que foron evidentes as secuelas do parón debido á pandemia e duplicouse o tempo dedicado á estimulación cognitiva e actividades psicoemocionais. Empregouse a musicoterapia en varias ocasións, a reflexión a través de lecturas recomendadas para persoas maiores, dinámicas individuais e en grupo… moi limitadas pola crise sanitaria», relata a educadora familiar encargada deste Programa de Prevención da Dependencia.

De cara ao vindeiro ano, os maiores boqueixaneses están recollendo información sobre as tradicións e costumes do municipio co obxectivo de levar a cabo un proxecto chamado “Boqueixón na memoria dos nosos maiores”, un libro onde se relatarán a vida, tradicións e costumes dos maiores do municipio dende o ano 1936. As persoas que estean interesadas en participar na vindeira tempada do Programa de Prevención da Dependencia deberán dirixirse aos Servizos Sociais de Boqueixón ou chamar ao 981 513 106.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}