Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 5 julio 2021

Boqueixón verá mellorado o seu saneamento coa nova depuradora de Sergude, na que se invisten 1,8 millóns de euros

Depuradora Sergude

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanza que a finais da primavera de 2022 Boqueixón verá mellorado o seu saneamento coa nova depuradora de Sergude na que se invisten máis de 1,8 millóns de euros. Vázquez Mourelle supervisou hoxe a marcha das obras acompañada polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; o concelleiro de Economía, José Manuel Iglesias; e o deputado autonómico Ovidio Rodeiro.

Os traballos de construción da nova depuradora de Sergude deron comezo en maio. Na actualidade, estase a avanzar nas tarefas de escavación e no movemento de terras. Esta intervención é froito do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Boqueixón, polo que a Administración autonómica executa as obras e contribúe co 80% do financiamento e o municipio achega o investimento restante, dispón os terreos necesarios e asume o mantemento das instalacións.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, agradeceulle á conselleira o apoio da Xunta de Galicia “nun proxecto importante e de futuro ao que o Concello de Boqueixón achega 360.000 euros porque nos vai permitir cubrir as necesidades actuais e futuras das dúas parroquias que máis medran, Lestedo e Sergude, polo que cando teñamos isto cuberto poderemos dedicar todos os esforzos futuros en saneamento a mellorar e ampliar a rede no resto do municipio”.

Nova depuradora

A actual depuradora é un reactor secuencial que realiza no mesmo tanque a decantación e o tratamento biolóxico, polo que a súa capacidade está condicionada polo tempo que se precisa para realizar cada un dos procesos. A conselleira explicou que a capacidade coa que foi deseñada a planta, 1.000 habitantes equivalentes, é insuficiente, polo que só permitiría tratar o 65% das augas residuais procedentes dos núcleos da parroquia de Lestedo. Subliñou que as obras en execución permitirán unificar o tratamento das augas das parroquias de Sergude e de Lestedo e triplicar a capacidade da depuradora actual, dando servizo a unha poboación de 3.000 habitantes equivalentes no ano horizonte de 2042.

A nova estación depuradora inclúe liña de auga e liña de lodos, con pretratamento e tratamento biolóxico, cunha capacidade media de 44 metros cúbicos de auga á hora. En caso de choivas intensas que superen o caudal punta, o exceso de augas enviarase a un tanque de tormentas.

Ethel Vázquez destacou que se trata dunhas instalacións modernas e eficientes, deseñadas co obxectivo de acadar mínimo vertido e con tratamento secundario para a eliminación do nitróxeno. Esta actuación, cofinanciada con fondos europeos FEDER Galicia 2014-2020, enmárcase no traballo do Goberno galego para apoiar aos Concellos nas súas competencias municipais de saneamento e depuración, conscientes da importancia que isto ten para a calidade das augas e tamén para a calidade de vida dos veciños.

Ethel Vázquez remarcou que esta non é a única actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade neste concello, pois hai uns anos púxose á disposición dos veciños a senda que conecta A Susana co polígono industrial e A Eirexe, na estrada AC-960; e tamén outro itinerario peonil nesa mesma estrada, en Ponte Ledesma, cos que se facilita unha mobilidade máis cómoda, segura e sustentable.

Tamén avanzou a intervención de mellora do firme que se vai levar a cabo ao longo da estrada AC-960, que conecta A Susana con Vila de Cruces, no marco dun contrato maior que inclúe outras vías da contorna e cuxos traballos comezarán en breve. Ademais puxo en valor a aposta do Executivo autonómico polo transporte público, salientando que 200 mozos de Boqueixón xa se benefician da tarxeta Xente Nova, coa que poden desprazarse de balde polos 313 concellos nas 3.100 liñas de autobús da Xunta.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}