
O Concello de Boqueixón vén de recibir unha oferta de traballo de Serlym Galicia SL para operario/a de limpeza para o centro de saúde de Boqueixón. Os detalles da oferta son os seguintes:
- Ocupación solicitada: limpeza.
- Horario: 12 horas e media/semana, de luns a venres no mes de agosto. Xornada de traballo a partir das 15:00 horas.
- Lugar de traballo: centro de saúde de Boqueixón.
As persoas interesadas na oferta deberán contactar con Serlym Galicia SL no teléfono 988 617 388 ou enviar currículo vitae a info@serlym.com.
