Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

O cumio do Picro Sacro xuntou de novo aos amantes da astronomía

16 de agosto de 2021

Veciños e veciñas da contorna reuníronse no cumio do Pico Sacro, a noite do 12 de agosto, para gozar do espectáculo astronómico das Perseidas.  As persoas asistentes desfrutaron dun ceo despexado onde puideron ver as estrelas, identificar as constelacións e tamén observar polo telescopio a Lúa, Xúpiter e Saturno.

Esta iniciativa promovida polo Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da USC, conta co cofinaciamento da Axencia de Turismo de Galicia, Xacobeo 2021 e a colaboración co Concello de Boqueixón.

Durante a xornada respectáronse todas as medidas de seguridade.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo