Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Curso de ‘Cultivos de inverno na horta ecolóxica’ no CFEA de Sergude

18 de agosto de 2021

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude acollerá un curso sobre Cultivos de inverno na horta ecolóxica do 25 de agosto ata o 29 de setembro. Desenvolverase os mércores e xoves de 16.00 a 20.00 horas, nas instalacións da CFEA Sergude.

Esta iniciativa de formación, na que colabora o Concello de Boqueixón e está incluída no Plan de Formación ao Agro Galego 2021, é gratuíta.

As persoas interesadas en inscribirse deberán cumprimentar o documento, que se pode descargar aquí, e presentalo por rexistro (ben a través da sede electrónica de Boqueixón –https://sede.boqueixon.gal/opencms/gl/– ou por rexistro presencial -concertando cita previa-).

As distintas sesións do curso serán impartidas por:

  • Concepción Docampo Sanromán (Horta agroecolóxica ‘Burbullas de Sol’)
  • Lidia Senra (Horta ecolóxica en Vedra)
  • Manuel Jesús Rey Carbia (Rebulidoiro Granxa Eco)
  • Miguel Ángel Navarro Ortigosa (Horta agroecolóxica ‘Burbullas de Sol’)

Para máis información, as persoas interesadas pódense poñer en contacto coa propia CFEA Sergude, a través do teléfono 881 867 331 ou no correo cursos.agacal.sergude@xunta.gal.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo