Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

A Tarxeta Xente Nova: 60 viaxes interurbanas gratis cada mes por toda Galicia

17 de setembro de 2021

TarxetaXenteNova

Esta é unha mensaxe dirixida a todos os rapaces e rapazas de Boqueixón con menos de 21 anos.

  • Sabes que podes facer cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratis por toda Galicia? Só precisas ter entre 4 e 20 anos para obter a Tarxeta Xente Nova (TXN), a tarxeta de Transporte de Galicia que che permitirá viaxar de balde no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, sexa cal sexa a súa orixe ou destino. Incluso nos barcos que unen Vigo con Cangas e Moaña ou no tren metropolitano de Ferrol.
  • Canto custa a tarxeta? A tarxeta é gratuíta. Despois ti cárgala cos cartos que queiras para viaxar e, cada 15 días, a Xunta reembolsarache todas as viaxes interurbanas (ata ese máximo de 60 viaxes mensuais).
  • Como conseguir a miña TXN? Solicita cita nesta páxina: https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn e citaranche na oficina máis próxima. Despois podes recargala en calquera caixeiro de Abanca ou a través do móbil ou do teu ordenador.
  • Queres máis información? https://www.bus.gal/gl/xente-nova
Compartir
WhatsApp Facebook Correo