Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

O ciclo de teatro BocAberta pecha as súas portas este domingo con “Chola, a it girl”

24 de novembro de 2021

Chola

A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este domingo 28 de novembro, ás 17:30 horas, a derradeira sesión do ciclo de teatro adulto BocAberta, organizado polo Concello de Boqueixón e a Deputación da Coruña. Un ciclo que encheu de teatro as tardes de domingo boqueixanesas.

A cuarta e derradeira actuación será “Chola, a it girl”, de Artesacía Teatro. A obra está protagonizada por Laura Villaverde que dá vida a Chola: mecánica de coches, blogueira e youtuber galega que é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, que nos gusta, que nos divirte… e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

Como nas tres actuacións previas, a entrada é totalmente de balde, se ben é preciso reservala no Departamento de Cultura, en cultura@boqueixon.gal ou chamando ao 918 513 115. As persoas que asistan á sesión deberán cumprir con todas as garantías sanitarias: levar máscara, hixienizar as mans e manter a distancia social de seguridade.

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo