Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 15 diciembre 2021

Feijóo anuncia en Boqueixón a creación do selo Galicia Calidade Alimentaria

Galicia Calidade Alimentaria

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou esta mañá en Boqueixón a creación do selo Galicia Calidade Alimentaria que englobará produtos agroalimentarios con excelencia recoñecida e afondará na súa promoción. Un anuncio realizado durante a I Mostra de Calidade Alimentaria, que se celebra no Pazo de Quián,  onde o presidente da Xunta estivo acompañado polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín.

Nuñez Feijóo explicou que o novo distintivo agrupará “o mellor que dá o país, da man dos produtores”: os produtos con denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, marcas de garantía como Galega 100%, as razas autóctonas e o selo PescadeRías. Fíxoo durante a presentación da campaña Galicia etiqueta Calidade na que a Xunta investirá 700.000 € para divulgar o bo facer da xente do mar e do agro.

Nese sentido, Feijóo puxo de releve o potencial do rural galego, que produce o 40% do leite de España, realiza o 50% das cortas de madeira nacionais, conta co 19% do gando bovino e é referente en Europa en pesca fresca. Así como o seu compromiso coa excelencia que se recoñece con premios como Exceleite, as Catas dos queixos e meles ou no mercado dixital oficial no que os produtores poderán vender estas producións, establecendo contacto eles mesmos co consumidor.

Ao fío disto, Feijóo recordou que para garantir o futuro dos produtores a Xunta está a impulsar medidas como a Estratexia do lácteo e do viño xa en marcha e a da carne na que se está a traballar; unha Lei de recuperación da terra agraria con figuras como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais e as agrupacións de xestión conxunta; ou un Plan forestal de Galicia ata 2040, que aspira a mobilizar 4.900 millóns de euros entre fondos públicos e privados.

Ademais, avanzou que no Consello da vindeira semana se avaliarán os 37,5 millóns de euros que a Xunta vai destinar á incorporación de mozos ao agro, aos plans de mellora e ao desenvolvemento de pequenas explotacións. «A mensaxe que lles estamos a transmitir é que existe un rural vivo” dixo, aludindo tamén a 3 grandes iniciativas do eido rural que aspiran a financiarse con Fondos Next Generation: a biofábrica de fibras téxtiles para pechar o ciclo da madeira, a mobilización de 18.000 hectáreas de terra a partir dos instrumentos da Lei de recuperación e a planificación por 570 millóns de euros dun centro para o impulso da economía circular enfocado á xestión de residuos agrarios e excedentes de puríns, urbanos e outros.

Por último, o presidente da Xunta puxo como exemplo do enorme potencial co que conta o rural galego ao complexo de 100 hectáreas do Pazo de Quián boqueixanés do que dixo que é un espello dun territorio ordenado, dun rural no que convive a tradición e a innovación e que aposta pola formación.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}