Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): BANDOS E AVISOS, Boqueixon
  • Publicada o 10 marzo 2022

Recomendacións para axudar á poboación ucraína de forma eficaz

ucraina

O Concello de Boqueixón recolle o comunicado conxunto coas recomendacións para axudar á poboación ucraína dun xeito eficaz acordado polas seguinte entidades: Xunta de Galicia, Fegamp, Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, Educo, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz, el desarme y la libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

  • A solidariedade é, sen dúbida, unha das características máis relevantes da cidadanía galega
  • Na actual crise provocada polo conflito bélico en Ucraína, unha vez máis, as mostras de solidariedade son constantes. Nestes días estamos a recibir numerosos ofrecementos de axuda, gran parte delas consistentes en doazóns en especie de materiais.
  • En situacións como a actual faise máis necesario, se cabe, que a axuda humanitaria chegue ás persoas que o necesiten sen prexudicar os mercados e canles locais, sen poñer en perigo nin aos actores humanitarios nin á poboación beneficiaria e tratando de minimizar o impacto medioambiental.
  • As organizacións humanitarias especializadas no terreo son as encargadas da avaliación das necesidades, que varían en cada momento, para adecuar os seus chamamentos de axuda. Neste senso, os bens materiais doados en Galicia poden resultar non adecuados ás necesidades da poboación e da situación humanitaria e loxística no terreo.
  • Os bens doados de xeito particular están a supoñer custos administrativos e dificultades loxísticas engadidas (transporte, recepción, almacenamento, distribución, etc) para as institucións que as xestionan.
  • Ademais, a doazón internacional dalgúns produtos, como os medicamentos, está sometida a uns estritos protocolos que restrinxen as doazóns por parte de particulares.
  • Actualmente é difícil a garantía de corredores humanitarios estables que permitan a distribución e acceso seguros, pese aos esforzos de negociación das organizacións de carácter humanitario coas partes en conflito.
  • Os problemas desta crise humanitaria manteranse ao longo do tempo e as axudas serán necesarias non só neste momento do conflito, senón ao longo da súa duración, así como na etapa de reconstrución.
  • Agradecemento estes ofrecementos brindados á poboación afectada por esta crise humanitaria, en consonancia coa Oficina de Acción Humanitaria (OAH) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), recomendamos que a nosa solidariedade sexa canalizada a través de axudas económicas dirixidas ás ONGD internacionais humanitarias presentes na zona mostrando a nosa confianza na súa xestión.

Polo tanto:

1.- Recomendamos canalizar a axuda da cidadanía a través de doazóns económicas mediante as diferentes Organizacións Non Gubernamentais (ONGD) Humanitarias que traballan na zona, así como a través de organismos humanitarios especializados. As seguintes organizacións/organismos que traballan no terreo fixeron chamamentos para realizar doazóns:

  • Médicos del Mundo: https://www.medicosdelmundo.org/ayuda-ucrania
  • Entreculturas: https://www.entreculturas.org/es/home
  • Educo: https://www.educo.org/landing/emergencia-ucrania
  • Farmacéuticos Mundi: https://farmaceuticosmundi.org/solidaridad-con-ucrania/
  • Ayuda en Acción: https://colabora.ayudaenaccion.org/espana/es/emergencia-ucrania

Para máis información pódese consultar: https://galiciasolidaria.org/como-apoiar-a-poboacion-na-ucraina/

  • Cruz Vermella: Chamamento da Federación Internacional da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella e do Comité Internacional da Cruz Vermella, canalizado a través da Cruz Vermella Española: https://cruzvermella.gal/
  • UNICEF: chamamento do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia. https://www.unicef.es/ayuda-ucrania?lc=9923&fc=9923
  • ACNUR (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados): https://eacnur.org/es/crisis-ucrania

Para máis información sobre chamamentos doutros organismos internacionais pódese consultar:

2.- Desaconsellamos as doazóns en especie, ao resultar menos eficiente este tipo de axuda e constituír unha mala práctica no ámbito da axuda humanitaria.

A maiores deste comunicado, dende o Concello de Boqueixón informamos tamén que no BOE de hoxe xoves se publica a orde que desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-3715

Finalmente, poden atopar máis información no Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións:

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}