Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura · Axudas

Aberto ata o 22 de marzo o prazo para que asociacións sen ánimo de lucro pidan espectáculos da Rede Cultural

17 de marzo de 2022

FOTO-DIPUTACION-DEPORTES

O Concello de Boqueixón informa de que a Deputación da Coruña ten aberto ata as 14:00 horas do vindeiro 22 de marzo o prazo de solicitude de espectáculos da Rede Cultural 2022 que, no seu programa Alicerce, tamén permite que asociacións sen ánimo de lucro da provincia contraten propostas artísticas non profesionais.

Unha vez pechado o prazo de inscrición de espectáculos, as asociacións sen ánimo de lucro de Boqueixón que o desexen poderán elixir entre 379 propostas de grupos de música, danza e teatro. Máis información neste enlace e tramitación das solicitudes premendo neste enlace.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo