Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Axudas

O prazo para solicitar o Bono Turístico #QuedamosEnGalicia22 ábrese o 21 de marzo

18 de marzo de 2022

BONOTURISTICO

O Concello de Boqueixón informa de que o DOG de hoxe publica as bases reguladoras para a concesión do bono turístico #QuedamosEnGalicia22.  O bono turístico #QuedamosenGalicia22 concíbese como unha tarxeta prepagamento de carácter persoal e intransferible, financiada entre o solicitante e a Administración autonómica. O importe total da tarxeta será financiado pola persoa beneficiaria nun 60%, cun importe máximo de 300 euros, e contará cunha achega complementaria da Administración autonómica do 40%, cun importe máximo por tarxeta de 200 euros. Iso si, ten que utilizarse en establecementos de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase ás 0:00 horas do luns 21 de marzo e permanecerá aberto ata o 2 de maio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. O obxecto desta iniciativa, promovida pola Axencia de Turismo de Galicia, é impulsar un dos sectores máis afectados pola pandemia, o turístico.

Máis información en:

  • DOG
  • Turismo de Galicia
Compartir
WhatsApp Facebook Correo