Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Axudas

Aberto o prazo para pedir as axudas do Plan Renove de Electrodomésticos 2022

24 de marzo de 2022

Renova_2022

O Concello de Boqueixón informa de que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para a renovación de electrodomésticos nos fogares convocadas pola Xunta de Galicia ao abeiro do programa Galicia Renova Electrodomésticos. O Goberno autonómico activará 2 millóns de euros en apoios, que poderán acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral e do 50 ou 75% para consumidores con máis dificultades, polo que se calcula que as axudas serán de entre 100 e 450 euros.

Son subvencionables as seguintes tipoloxías de electrodomésticos:

As actuacións que se subvención son a renovación de electrodomésticos en vivendas situadas en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

  1. É subvencionable a renovación de electrodomésticos de las tipologías indicadas (ver cadro), por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética indicadas, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2021 (Regulamento UE 2017/1369 do Parlamento Europeo e do Consello), a renovación de Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación enerxética A, B, C e D,  Conxelador con clasificación enerxética A, B, C e D, Lavadora A, B e C, Lavalouzas A, B e C, Encimeras de inducción total,  por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética igual ou superior . No caso das encimeras son subvencionables so as de tecnología de inducción total. Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.
  2. Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións subvencionables nunha vivenda situada na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren no listado que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal.
  3. A cuantía dos electrodomésticos subvencionables non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50% para consumidores vulnerables e do 75% para consumidores vulnerables severos.

O Plan Renove de Electrodomésticos finalizará o 30 de setembro de 2022, sempre e cando existan fondos (que este ano é de 2 millóns de euros). Máis información:

Compartir
WhatsApp Facebook Correo