Ábrese o prazo para solicitar as axudas para o fomento da natalidade do Concello de Boqueixón

O Concello de Boqueixón informa de que, a partir de hoxe martes 24 de maio de 202, ábrese o primeiro prazo para solicitar as axudas  para a promoción da natalidade, adopción ou acollemento e fomento do comercio local para o exercicio 2022.  Este prazo  é de 15 días naturais contados desde o día seguinte á publicación (é dicir, dende mañá mércores) para todas as crianzas nadas, adoptadas ou acollidas entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 24 de maio de 2022. Para o resto, o prazo será de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao nacemento, adoptación ou acollemento.

O Concello de Boqueixón concederá unha axuda de 400 euros a todos os nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022, que será de 500 euros no caso de acreditar unha discapacidade da crianza dun 33% ou superior. Unhas axudas en réxime de concorrencia non competitiva que teñen como obxectivo sufragar parcialmente os custes derivados do nacemento e/ou acollemento ou adopción de nenos/as empadroados en Boqueixón e, ao mesmo tempo, servir de axuda ao comercio local, xa que todo o gasto subvencionado ás familias terá que facerse en empresas radicadas no municipio.

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025