Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OMIX
  • Publicada o 21 junio 2022

Boqueixón e Vedra poñen en marcha o programa “Correntes do Ulla”, que inclúe piragüismo, pesca, sendeirismo e voluntariado

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, presentaron hoxe o programa “Correntes do Ulla”, unha iniciativa conxunta de ambos os dous municipios que inclúe catro actividades de piragüismo, pesca, sendeirismo e voluntariado ambiental abertas a toda a cidadanía e relacionadas co río Ulla. Máis información e inscricións nas webs municipais: www.concellodevedra.es e www.boqueixon.gal.

Carlos Martínez explica que “un ano máis, Boqueixón e Vedra somos un exemplo de como hai que colaborar entre administracións. Neste caso, un río que nos une e que compartimos como é o Ulla, na súa parte central, permítenos facer estas actividades que este ano chamamos Correntes do Ulla. Actividades moi valoradas non só pola nosa veciñanza senón por toda a comarca de das dúas provincias porque sempre ten moitos participantes de máis aló das nosas fronteiras”

Así, Manuel Munín indica que “empezaremos o 9 de xullo co descenso do Ulla en piraguas, teremos un campo de voluntariado chamado Unindo Roteiros para concienciar medioambientalmente á mocidade, teremos o Goza de Ulla cunha ruta de sendeirismo pola ruta dos Pescadores ata Agronovo e unha escola de pesca en río, en Agronovo e Sucira. Son actividades nunha contorna espectacular para ser practicadas e agardamos que poidan ser moi desfrutadas pola nosa veciñanza durante o mes de xullo”.

Programa

“Correntes do Ulla” dará comezo o sábado 9 de xullo coa única actividade de pago: o descenso do Ulla en piraguas. Un percorrido entre Ponteledesma ata a área de recreo de Agronovo. O número de prazas é limitado e as inscricións custan 20 euros, que inclúen piragua para dúas persoas, chaleco salvavidas e seguro. Inscricións neste enlace.

Do 15 ao 26 de xullo terá lugar o campo de voluntariado “Unindo roteiros”, dirixido a mozos e mozas de Boqueixón e de Vedra de entre 18 e 30 anos. Un campamento medioambiental e de dinamización no que as persoas participantes traballarán na creación dun novo sendeiro que unirá a Ruta dos Pescadores, desde a aldea de Donas (Boqueixón), ata o Miradoiro de Gundián (Vedra). Tres quilómetros de sendeiro que os levarán a enlazar coa ruta de San Xoán da Cova. Colabora a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Por outra banda, dentro do programa Goza do Ulla, ambos os dous concellos ofrecen a ruta “Unindo roteiros… ao pé do Ulla”, que se tratará de poñer en marcha a través do campo de voluntariado. A ruta de sendeirismo terá lugar o domingo 24 de xullo, ás 10:00 horas, e desenvolverase ao longo dos 10 quilómetros que separan Sucira (ruta dos Pescadores) de Agronovo (ruta de San Xoán da Cova).

Finalmente, en colaboración coa Federación Galega de Pesca, Boqueixón e Vedra ofrecerán dúas sesións da Escola de Pesca en Río. Dirixidas a nenos e nenas de entre os 10 e os 13 anos, serán impartidas por David Arcay, campión do mundo de pesca de mosca, quen introducirá á rapazada no mundo da pesca sostible e a concienciación coa natureza. As clases terán lugar o mércores 27 de xullo na área de recreo de Agronovo e o xoves 28 de xullo na área de recreo de Sucira. En ambos os dous casos, o horario será de 10:00 a 13:00 horas. Máis información e inscricións en www.boqueixon.gal e www.concellodevedra.es.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}