O Concello de Boqueixón informa de que, por un problema co servizo de Correos, foron devoltos un número importante de recibos do imposto municipal de vehículos (IVTM), maioritariamente na parroquia de Lestedo. Todas aquelas persoas que non recibiran o recibo e teñan pendente o pago, poden recuperar o recibo polas seguintes vías:
- Solicitando o envío dun novo recibo na dirección de correo electrónico: atencion.tributaria@dacoruna.gal
- Entrando no seguinte enlace: https://ovt.dacoruna.gal/ga/150009/DCORUNA/obtener-documento e seguindo os seguintes pasos:
1. Identifícate para obter o teu documento de pago:
2. Imposto vehículos
3. Matrícula
4. Ver documento de pago ou pagar - – Nas oficinas do Concello, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.
Lembramos que o período voluntario de pagamento remata o 19/07/2022