Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Píscore chega a Boqueixón este domingo

18 de agosto de 2022

O campo da feira de Lestedo en Boqueixón acollerá este domingo, 21 de agosto ás 19 horas, o Concerto singular de Píscore. Trátase dun espectáculo que mestura música, comedia xestual, clown e a participación do público, baixo a dirección de catro músicos con 16 baquetas e unha marimba.

Esta actividade enmárcase en Cultura no Camiño. Un programa impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura xunto ao concellos, para fomentar as artes escénicas e musicais nos dez itinerarios xacobeos.

 

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo