
Aberto o prazo para solicitar as subvencións para entidades sen ánimo de lucro do Concello de Boqueixón, cuxas bases e anexos foron publicados este mércores 17 de agosto no BOP.
O prazo de presentación de solicitudes esténdese dende hoxe (un día despois da publicación do anuncio da devandita convocatoria no BOP) ata o próximo 16 de setembro. O importe máximo por axuda será de 1.000 euros.
Consulta as bases aquí.
