
O concello de Boqueixón informa que a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio abre mañá, xoves un de setembro, o prazo para inscribirse nas súas actividades culturais de cara ao ano escolar 2022/2023. As iniciativas nas que se pode participar son:
- Acordeón
- Baile Tradicional
- Canto e pandeireta tradicional
- Gaita
- Percusión tradicional
- Requinta
As persoas interesadas poden enviar un mail solicitando información a acmestremanuelgacio@gmail.com.
Un programa no que colabora o Concello de Boqueixón.
