O Concello de Boqueixón informa de que unha empresa de viveiros de plantas da contorna oferta 2 postos de traballo.
Condutor/a – Repartidor/a
- Salario: A concretar
- Horario: xornada completa de luns a venres
- Requisitos:
– Non se esixe experiencia
– Búscase a unha persoa con boa actitude, activa e axil.
- Formación: valórase estar en posesión do carné CAP.
Peón/Peoa
- Salario: A concretar.
- Horario: Xornada completa. De luns a venres: 08:30- 13:00 h. e de 14:30- 18:00 h. Sábados rotatorios: 09:00- 13:00 h.
- Requisitos:
– Non se esixe formación
– Valórase experiencia en viveiros pero non é imprescindible
– Búscase a unha persoa con boa actitude, activa e áxil.
As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa empresa a través do correo electrónico administracion@viveroscompostela.com ou no teléfono 981 514 238.