Nova xornada de Educar en Familia: claves para unha boa comunicación coas crianzas

O Concello de Boqueixón, a través do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas, e a Consellería de Sanidade organizan unha nova edición do programa «Educar en familia», dirixido a pais e nais con fillos en infantil e primaria. A sesión terá lugar o sábado 22 de abril, de 10:00 a 13:000 horas, en Enoturismo María Manuela (Pousada).

Nesta ocasión, o debate xirará sobre as claves para entablar unha boa comunicación entre pais e crianzas. As persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente no Departamento de Cultura (981 513 115).

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025