Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, FORMACION E EMPREGO
  • Publicada o 20 mayo 2014

Axudas ó alumnado para a realización de prácticas en centros de traballo

ORDE do 13 de maio de 2014 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG. 19 de maio de 2014).

Obxecto da convocatoria: Convocar axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT) nas seguintes modalidades:
Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e progra­mas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.
Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.
Requisitos: Poderá concorrer o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universita­ria, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao medio e superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial. O alumnado que concorra deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2014.

Documentación: Solicitude normalizada segundo o anexo I desta orde, declaración do domicilio de residencia durante o período de realización da FCT, fotocopia do DNI.

Prazo: Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
Primeiro prazo, 31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde, para o alumnado que realizase a FCT nos perío­dos outubro 2013-marzo 2014, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2014. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2014. Tamén o alumnado matriculado no 1º curso do réxime ordinario ou no 2º curso do réxime integrado dun programa de cualifica­ción profesional inicial no curso 2013/14.
Segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2014, para o alumnado de ciclos formativos a que lle corresponda realizar a FCT no pe­ríodo de setembro-decembro de 2014 e o alumnado matriculado nun programa de cualifi­cación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2014. Este alumnado deberá rematar o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2014. O alumnado que teña horario flexible con au­torización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2014 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

Lugar de presentación de solicitudes: Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.es/fct. As solicitudes só se poderán presentar no centro educati­vo onde o alumnado estea matriculado.

Contía da axuda:

a) O alumnado que realice a FCT na modalidade A percibirá ata un máximo de 186 €. A contía de cada alumno/a será en función do número de xornadas realizadas no módu­lo de FCT do ciclo correspondente.
b) O alumnado que realice a FCT na modalidade B percibirá a axuda tendo en conta os criterios seguintes:
País: Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía. Contía: 100 euros. Contía por semana: 60 €
País: Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa. Contía: 150 €.  Contía por semana: 100 €
País: Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Reino Unido, Suecia. Contía: 200€. Contía por semana: 125 €.

+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140519/AnuncioG0164-140514-0001_gl.pdf

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}