Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

O Concello de Boqueixón conmemora o Día das Letras Galegas cun acto este domingo 14 de maio

10 de maio de 2023

Acta xurado relatos Neira VilasO Concello de Boqueixón conmemorará o Día das Letras Galegas cun acto especial que terá lugar este domingo 14 de maio, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Camporrapado. Nel, o alcalde Manuel Fernández Munín fará entrega dos premios do IX Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas, que por primeira vez se abriu á participación do público adulto. Podes consultar a acta do xurado premendo aquí.

Ademais da entrega dos premios ás persoas gañadoras nas súas respectivas categorías, o Concello de Boqueixón repartirá exemplares dos textos gañadores editados para a ocasión. O acto rematará cun concerto de música a cargo da Unión Musical de Ponteledesma.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo